6.09.2008

Obxectivos comúns a todos os proxectos de aula

  • - Crear escenarios educativos que incidan na competencia lingüística da comunidade

  • escolar establecendo o uso do galego como lingua dos proxectos.

  • - Facilitar o uso das novas tecnoloxías para a normalización lingüística.

  • - Revelar a presenza da Web como vehículo para tratar temas de actualidade, superando prexuízos que aínda ligan o galego cunha cultura do pasado.

  • - Apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións artísticas e culturais

    e considerala patrimonio dos pobos.

  • - Identificar as relacións existentes entre esas manifestacións e a sociedade nas que se crean.

  • - Provocar un sentimento de cidadanía global e planetaria compatible coa identidade local.

  • - Utilizar as TIC para realizar o tratamento de información e presentar os resultados en diferentes formatos dixitais con manexo e interpretación de gráficos, táboas, textos e información dos medios e tecnoloxías da comunicación.

  • - Elaborar cazas do tesouro, webquest e miniquest.

  • - Aprender a traballar en equipo en contornos de traballo colaborativo para fomentar estratexias de cooperación e de respecto.

  • - Crear e compartir e difundir materiais normalizadores que recollan a información procesada dos proxectos.


Le+

Ligazóns comentadas sobre arte,historia, cultura galega, deporte, lecer na páxina web das Ciberirmandades da Fala.

6.08.2008

Contribución dos proxectos ao logro das competencias básicas

Competencia dixital

. Dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información para transformala en coñecemento.

. Utilizar estratexias adecuadas para acceder a infomación de distintas fontes.

. Dominar linguaxes específicas varias (textual, numérica, icónica, visual, gráfica, sonora…).. Comunicar a información e os coñecementos adquiridos empregando recursos expresivos que incorporen as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e da comunicación….

. Analizar a información de forma crítica mediante o traballo persoal autónomo e o traballo colaborativo.

Competencia en comunicación lingüística

. Utilizar a lingua galega como instrumento de comunicación oral e escrita.

. Escoitar, expoñer e dialogar para ser progresivamente competente na expresión e comprensión das mensaxes orais que se intercambian en situacións comunicativas diversas e adaptar a comunicación ao contexto.

. Reforzar as habilidades de lectura e escritura que permiten ser competente á hora de comprender, compoñer e utilizar distintos tipos de textos con intencións comunicativas ou creativas diversas.

. Ser capaz de ler, de escoitar, de analizar e de ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espíritu crítico.

. Fomentar a expresión adecuada –en fondo e forma- das propias ideas e emocións, aceptando realizando críticas con carácter construtivo.



Competencia social e cidadá

. Adestrar habilidades que permitan participar, tomar decisións, responsabilizarse das eleccións e decisións adoptadas.

. Comprender os trazos das sociedades actuais e a súa crecente pluralidade.

. Amostrar un sentimento de cidadanía global compatible coa identidade local.

. Construír, aceptar e practicar normas de convivencia acordes cos valores democráticos.

. Comprender a realidade social na que se vive.

Competencia cultural e artística

. Coñecer, comprender e apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais, artísticas e deportivas, utilizalas como fonte de enriquecemento e desfrute e consideralas parte do patrimonio dos pobos.

. Dispoñer de habilidades e actitudes que permiten acceder ás distintas manifestacións do feito cultural.

. Identificar as relacións existentes entre esas manifestacións e a sociedade nas que se crean.

. Apreciar a creatividade en diferentes medios artísticos: música, literatura, artes visuais e escénicas, ou das chamadas artes populares.

. Valorar a liberdade de expresión, o dereito á diversidade cultural, a importancia do diálogo intercultural e a realización de experiencias artísticas compartidas.

. Fomentar o desexo e a vontade de cultivar a propia capacidade estética e creadora e un interese por participar de maneira activa na vida cultural.

Competencia para aprender a aprender

. Dispoñer de habilidades para inciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuar aprendendo de xeito cada vez máis eficaz e autónomo.

. Adquirir conciencia das propias habilidades e das carencias, co fin de redundar na motivación, na autoconfianza e no gusto por aprender.

. Coñecer un conxunto de recursos e técnicas para obter un rendemento máximo das capacidades que entran no xogo da aprendizaxe.

Autonomía e iniciativa persoal

. Transformar ideas en accións: proporse obxectivos e planificar e levar a cabo proxectos tanto individuais como colectivos reponsabilizándose deles.

. Coñecer as fases de desenvolvemento dun proxecto, planificar, tomar decisións, actuar avaliar o feito e autoavaliarse, extraer conclusións e valorar as posibilidades de mellora.

. Dispoñer de habilidades sociais para relacionarse, para cooperar e para traballar en equipo e ser capaz de imaxinar, emprender, desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais e colectivos con creatividade, confianza, reponsabilidade e sentido crítico.

Le+

Implicacións didácticas do currículo de lingua e literatura. Xano Cebreiro (Abril 2007)

Remexer na lingua

A presentación ofrece unha visión global e esquemática das implicacións que supón nos curriculos o desenvolvemento das competencias básicas e os traballos por proxectos.


6.06.2008

Proxecto LINGUAS


Obxectivos específicos

Fomentar a reflexión sobre a necesidade dun currículo integrado das linguas presentes no centro e consolidadar a relación dos departamentos didácticos de Lingua Española, Lingua galega, Linguas extranxeiras e Latín.

  • Presentar a diversidade cultural e lingüística do mundo.

  • Tomar conciencia da diversidade lingüística e cultural europea e aceptación da propia pertenza a esta, evitando actitudes etnocéntricas.

  • Coñecer a situación sociolingüística e legal das linguas do Estado español valorando o plurilinguismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

  • Situar a realidade sociolingüística do galego en relación a outras linguas minorizadas.

  • Ser conscientes das potencialidades de enriquecemento persoal e colectivo do uso normalizado da lingua galega, afirmando o plurilingüismo.

  • Iniciarse na competencia intercultural mediante a identificación de aspectos socioculturais básicos dos países nos que se fala as linguas curriculares analizándoos comparativamente, evitando os estereotipos e incidindo nos trazos característicos da cultura galega como referente.

  • Integrar ao alumnado procedente do extranxeiro e valorar conxuntamente a riqueza da multiculturalidade.


O currículo integrado de linguas

No Decreto ESO atopamos referencias á necesidade de colaborar entre os diferentes departamentos de linguas do centro. Así podemos ler:

Unha proposta didáctica integradora das distintas linguas do centro asegura a transferencia de saberes entre elas. O traballo por proxectos que impliquen varias disciplinas é, neste sentido, de grande utilidade. Fundamentalmente, é preciso asegurar a coordinación do profesorado de lingua galega co que imparte as outras linguas no centro. Convén buscar a maneira de rendibilizar os coñecementos lingüísticos e literarios que ten o alumnado, aproveitando todos os contidos adquiridos nunha das materias para a aprendizaxe das outras.”

E tamén:

A competencia plurilingüe estase a conformar como un aspecto esencial para a protección e o desenvolvemento da herdanza lingüística, como fonte de enriquecemento mutuo. Esta competencia permitiralles ás alumnas e aos alumnos relacionar, de modo significativo, as distintas culturas ás que teñen acceso mediante os seus coñecementos lingüísticos e lograr unha mellor comprensión delas. As competencias lingüística e cultural respecto de cada lingua modifícanse mediante o coñecemento mutuo e contribúen a crear unha conciencia, unhas destrezas e unhas capacidades interculturais. Permiten que as alumnas e os alumnos desenvolvan unha personalidade máis rica e complexa, melloran a capacidade de aprendizaxe posterior de novas linguas e de apertura a novas experiencias culturais.”

Le+

Manuel López Hidalgo . Estrategias para la elaboración dun currículo integrado de lenguas

Presentación que, aínda que non inclúe o galego, serve de introdución para a comprensión do plurilingüísmo como un valor e a formación plurilingüe como un modelo de organizar o ensino.

Currículo integrado de lenguas. Plan de fomento del plurilinguismo. Junta de Andalucia.

Comparación entre a aprendizaxe tradicional e a integrada, pasos a dar para empezar, referencias ao Marco Europeo das Linguas, tomas de decisión, estratexias, procesos comunicativos .....

Seminario de Tratamiento Integrado de Lenguas. Adela Fernández. (2007)

Seminario que tivo como obxectivo proporcionar recursos didácticos ao profesorado de linguas para avanzar na consecución dunha programación integrada das linguas curriculares.

El tractament de les llengües en un model d´educació plurilingüe per al sistema educatiu valencià. Vicent Pascual (2006).


Recursos


Linguas e mais linguas. Webquest . Contidos Educativos.

Dicionario inglés- galego. ClUVI. Universidade de Vigo.

Lingua e medios. Idiomas na rede. Henrique Neira. El Correo Gallego. (2007)

Grandes cadeas como a BBC, France International, a Deutsche Welle ou Euronews adican espazos nas súas webs para as persoas que queren comezar a aprender ou simplemente perferccionar os seus coñecementos de inglés, francés, alemán e outros.

Dicionarios en liña. Idiomas na rede. Henrique Neira. El Correo Gallego (2007)

Internet fornece estas ferramentas básicas á hora de aprender calquera lingua.

Tradutores multilingües. Idiomas na rede. Henrique Neira. El Correo Gallego (2007)

Italiano en rede. Idiomas na rede. Henrique Neira. El Correo Gallego (2007)

Os centros do Instituto Italiano de Cultura, as universidades, grandes medios de comunicación, portais especializados ou editoriais achégannos multitude de recursos para que poidamos aprender ou perfeccionar os nosos coñecementos de italiano

Usos da lingua e actitude lingüísticas. Distibac.wikispaces.com

As linguas minorizadas da Península Ibérica

Vitalidade das linguas minorizadas do sudoeste europeo

Eupedia: your guide to Europe in English.

Palabras italianas e inglesas en francés. Palabras latinas e do xermánico antigo en inglés. Palabras francesas en inglés. Nomes dos paises europeos en chinés....

http://www.travlang.com/languages/indextext.html

Vocabulario (palabras básicas, números, compras, viaxes, enderezos, lugares, horas e datas... ) para viaxar en diferentes linguas con servizo de tradución -incluído galego, catalán e éuskaro.

Linguas e máis linguas. Caza do tesouro sobre plurilinguismo. Contidos Educativos.

Guía sobre os dereitos dos peregrinos como persoas consumidoras. IGC Xunta de Galicia (2008)

En nove idiomas. Cuestións como aloxamento, aluguer de coches, transporte por tren, taxi, avión, correos, telefonía móbil... e recomendacións para facer a ruta.

Galicia Turismo. Turgalicia.

Páxina con referentes á nosa realidade en galego, portugués, español, catalán, éuscaro, inglés, francés, italiano, alemán.

Linguas do mundo. Galipedia.

A lingua galega en Internet . Xavier Gómez Guinovart (2003)

Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos.

Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias.

Galegoxdocentes. Páxina para o ensino en galego mediante as novas tecnoloxías.

Salvaguardia de las lenguas en peligro. UNESCO

La diversidad lingüística en relación con la biodiversidad. UNESCO



Produto final

  • Elaboración de diapositivas recollendo diferentes aspectos linguísticos e culturais das linguas do mundo.

  • Edición dun tríptico sobre plurilinguismo e multiculturalidade para difundir no contorno do centro.

  • Deseño dunha alfombra para rato de ordenador con referencias á presenza do galego en internet.

  • Produción de estatísticas e táboas comparando situacións lingüísticas no mundo.

  • Participar nalgunha campaña de normalización .

  • Promover unha campaña de normalización no contorno.



6.05.2008

PROXECTO Se non fose por Brais...


A galeguización do nome e dos apelidos é un acto simbólico de grande importancia para o proceso de normalización da nosa lingua. Cada vez que unha persoa galeguiza o seu nome e apelidos, ou escolle un nome galego para o seu fillo ou filla, non só está amosando publicamente o seu compromiso co noso idioma, senón que tamén está incidindo, co seu comportamento na sociedade en xeral e en todas as entidades en que vaia facer efectivo o cambio (administración, bancos, empresas subministradoras...).


Obxectivos específicos

  • Potenciar a utilización de nomes propios da nosa lingua e tradición na comunidade escolar e contorno do centro.

  • Coñecer a realidade antroponímica do centro escolar.

  • Reflexionar sobre a onomástica en diferentes países.

Produto final

Estatísticas da onomástica actual do centro presentadas segundo diferentes gráficas.

Nomes máis repetidos no centro e o seu significado.

Estudo comparativo da evolución das “modas” onomásticas no centro ao longo do tempo.

Campaña de galeguización de nomes e apelidos no centro e no contorno.

Elaboración e difusión dun tríptico co resultado do proxecto.

Elaboración dunha presentación multimedia para a súa difusión na rede.


Recursos

Eu chámome Xoan. ¿E ti?

Video dunha campaña da Xunta de Galicia para a utilización da antroponimia galega.

Dicionario galego dos nomes. Xosé Feixó Cid.

Este dicionario proporciona o máis amplo coñecemento sobre os nomes galegos de persoa e as súas traducións ás principais linguas do noso contorno. Así mesmo recolle a orixe etimolóxica ou procedencia de cada nome e tamén os hipocorísticos ou formas de uso de carácter agarimoso e familiar. Neste volume inclúese un santoral diario no cal se recompilan os santos patróns e avogosos, así como un completo índice onomástico de nomes noutras linguas coas súas correspondencias galegas. Elixir o nome do neno ou nena que vai nacer, saber o día en que se conmemora o santo de cadaquén e mesmo emprender o camiño para galeguizar o noso nome e apelidos resulta agora máis doado con este Dicionario galego dos nomes.

A evolución dos nomes en Galiza: de Agripina a Maikel. Xeración Web (2007)

En nome propio. Pola galeguización de nomes e apelidos. CIG

Trámites que hai que realizar para galeguizar nomes e apelidos, lexislación, documentación...

Nomes galegos de home. Casdeiro. Fillos de Galicia.

Nomes galegos de muller. Casdeiro. Fillos de Galicia.

Candidaturas con nomes e apelidos deturpados. Mundo Galicia (2008)

Artigo que fai referencia ao escaso número de nomes e apelidos adaptados á ortografía galega nas distintas candidaturas dos políticos que concorren ás eleccións que en opinión da MNL mostra o seu desleixo e despreocupación polo galego.

Alcumes. Arcanaverba.org.

Información sobre os sobrenomes , fenómeno social de case todas as culturas do mundo.

Nomes galegos. Mercedes Espiño. MNL

Páxina que achega unha escolma de 1410 nomes.

Escolma de nomes galegos. Xeraciónelogo.

Aquí pódese consultar unha listaxe con algúns nomes galegos para neno e para nena. Algúns deles son moi comúns e outros menos frecuentes, pero ben sonoros. Hai nomes fermosos para que chamedes polo voso neno ou pola vosa nena con afecto cando naza!

Onomástica portuguesa.

Listaxe de nomes portugueses.


Nomes en desuso. Montórfano.

Nomes en desuso, do santoral á publicidade, artigos referidos á evolución de nomes de persoa en Latinoámerica.

Nomes en distintas linguas. Guía infantil.

Nomes en distintas linguas: árabes, ingleses, cataláns, vascóns, galegos, gregos, hebreos, alemáns, latinos, franceses.....

Cousas de nomes. Cultura galega.

Artigo sobre a diminución do uso de nomes galegos na última década.

A caixa dos apelidos. Gonzalo Navaza. MNL.

Para consultar a forma correcta os apelidos galegos, un rico tesouro que de cada un e cada unha de nós depende que se conserve. Tamén presenta unha listaxe de apelidos.

Apelidos de Galicia.

Os apelidos foron transmitidos ó longo dos séculos como sinal identitario e forman parte do noso patrimonio familiar e cultural. Posibilidade ver a súa distribución en Galiza e España.

Cartografía dos apelidos de Galicia. Cesga.

Procura da distribución dos apelidos en Galicia.

Nomes e apelidos máis frecuentes dos residentes en España. INE.

Distribución provincial do primeiro apelido, táboas de frecuencia de nomes por data de nacemento, por nacionalidade...


6.03.2008

PROXECTO MÚSICA GALEGA

Obxectivos

  • Distinguir diferentes tipos de música.

  • Coñecer a música galega da transición democrática.

  • Recoñecer a música folk e celta na historia máis recente.

  • Visibilizar o panorama da música actual galega.

  • Reflexionar sobre a falta de difusión da música galega nos medios.


Recursos

Komunikando.

Punto de encontro na música galega. Tenta ser foro de debate para cuestionar o panorama vixente, recoñecer carencias e crear unha base estrutural. Enlaces a numerosos grupos.

http://www.aregueifa.net/

Web label que publica e distribúe música se aánimo de lucro para que todos os creadores e creadoras podan difundir a súa música baixo licenza Creative Commons. Novas músicas, vellas músicas e tenda on line.

Proxecto Estrume. Música.

Que ferve nas potas musicais do planeta e novidades da musica en galego.

Ghastaspista?

Páxinas con información sobre as últimas novidades discográficas da música folk e tradicional da Galiza, así como maquetas de novos grupos e discos históricos, xiras, concertos....

Xeración GZ: un novo cenario para a música galega. A regueifa.

Percorrido polo prometedor e heteroxéneo panorma da música pop galega.

Autosufientes pero universais. Noel Feáns. Luces de Galicia. El País. (2007)

Artigo que reflexiona sobre a nova escena do pop rock galego que hoxe bate marcas de grupos e estilos.


Os emerxentes bouran alto. Xurxo Souto.Luces de Galicia.El País.(2007)

Artigo sobre a explosión de bandas e locais de ensaio e cocertos na Galicia rural.

Arredor da música en galego. Seso Durán. Vía Caderno de lingua. (xullo 2008)

Interesante reflexión sobre a presenza da música galega, máis en concreto a vehiculada en lingua galega, nos medios de comunicación e, en consecuencia, na sociedade.

Emepegues. Blog.

Música pirateable en galego. Videos e enlaces a páxinas e myspaces de grupos. Cómpre rexistrarse para escoitar as moitas cancións que contén.

A trastenda. Tenda de música.

Discos galegos de rock, elecrónica, hip hop e rap, metal, hard e punk, propostas alternativas, folk e músicas do mundo, jazz e blues, melódica e orquestras, clásicas e corais.....

Que os blues nos sexan propicios. Blog.

Múltiples referencias musicais.

Galiciantunes. Completa páxina que inclúe unha boa historia da nosa música desde as orixes ata hoxe, con enlaces a editoras, produtoras e industria musical.

O rock bravú. Proxecto Estrume. Fiestras.

O bravú representou , nos primeiros anos dos noventa, a aportación galega ao rock, proba de que o noso universo cultural era quen de reinterpretalo desde a súa óptica xenuína.

Cando a periferia da periferia tamén se move. Daniel Salgado. Luces de Galicia. El País. 2007.

O movemento bravú serviu, polo menos, para pór en contacto xentes que adoraban a Mano Negra pero que non coñecían a uns veciños que tocaban nun grupo na aldea do lado música inspirada pola banda de Manu Chao", xustifica Xurxo Souto, ideólogo d'Os Diplomáticos de Monte-Alto.

Bravú: Misión cumprida. Jesús Flores. La Voz de Galicia.

Un disco de homenaxe aos Diplomáticos de Monte Alto e unha afluencia de máis de dúas mil persoas á última edición do Castañazo Rock, no que se xuntaron especialmente para a ocasión os membros do mítico grupo Os Rastreros, son indicios, segundo algúns expertos que observan o panorama musical galego, dunha certa intención de recuperar a destempo o chamado movemento bravú.

Festival internacional do mundo celta en Ortigueira. Galipedia.

O maior festival celta canto a número de asistentes de toda a península ibérica (superando os 100.000 asistentes por edición).

A danza da Capoeira. Proxecto Estrume. Fiestras.

Un pequeño recorrido polas webs capoeiristas mundiais.

10 anos de Ruxe Ruxe. Proxecto Estrume.

Rexorde o rock galego? Volve a etiqueta do bravú, a fusión de gaitas, pandeiretadas e riffs de guitarra?

Quempallou. Proxecto Estrume. Fiestras.

Grupo que teima en facer de cada concerto unha festa facendo música bailable e contando as cousas que lles pasan ás persoas.

Album O6 . Música galega.

Webzine cultural galego que presenta un álbum musical de diferentes estilos.

Voces Ceibes. Galipedia.

Artigo da Wikipedia en galego que narra a historia deste colectivo galego- anos 60- que tiña como característica a cantar unicamente en galego e a canción social.

Nova canción galega. Benedicto García Villar .

Un pouco de historia... Ghastaspista?

Videos, discos... da música da transición. Numerosos enlaces .

Voces ceibes. Vicente Araguas. Ghastaspista?

Historia feita por un dos integrantes. Aporta textos, imaxes e enlaces relacionados.

Dobarrismo.

Páxina que rende tributo a Andrés dobarro, pioneiro en colar o tema no noso idioma “O tren” no máis alto da lista de éxitos do estado. Videoclips realizados polo cantante e videos coas versións dos seus temas por grupos de actualidade .

Os resentidos. A regueifa.

A sombra dos Resentidos- anos 80- é demasiado alongada para non reivindicalos como o grupo que levou a música gálega á vangarda.

20 anos cun “sol de carallo”. Vieiros.

En maio de 1986, algo máis que unha “movida” sacudía o panorama musical galego. Os pinchadiscos de radios e garitos empezaron a poñer de moda unha canción, Galicia Canibal, que se espallou coma un foguete por todo o noso territorio e máis alá.

Falcatruada.

O selo Falcatruada é unha plataforma de servizos para grupos musicais, unha estrutura de apoio aos músicos emerxentes de Galiza.

Sono-tone.

Concertos, bandas, videoclips, novidades...

A polo ghit. Buscamos a canción galega do verán.

Concurso na súa segunda edición que procura a canción galega do verán.


Produto final

  • Gravación dun CD que recorra a historia da música galega.

  • Gravación de Cds que recollan diferentes estilos musicais.

  • Elaboración de murais que recollan a evolución da música galega.