Obxectivos comúns a todos os proxectos de aula
- Crear escenarios educativos que incidan na competencia lingüística da comunidade
escolar establecendo o uso do galego como lingua dos proxectos.
- Facilitar o uso das novas tecnoloxías para a normalización lingüística.
- Revelar a presenza da Web como vehículo para tratar temas de actualidade, superando prexuízos que aínda ligan o galego cunha cultura do pasado.
- Apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións artísticas e culturais
e considerala patrimonio dos pobos.
- Identificar as relacións existentes entre esas manifestacións e a sociedade nas que se crean.
- Provocar un sentimento de cidadanía global e planetaria compatible coa identidade local.
- Utilizar as TIC para realizar o tratamento de información e presentar os resultados en diferentes formatos dixitais con manexo e interpretación de gráficos, táboas, textos e información dos medios e tecnoloxías da comunicación.
- Elaborar cazas do tesouro, webquest e miniquest.
- Aprender a traballar en equipo en contornos de traballo colaborativo para fomentar estratexias de cooperación e de respecto.
- Crear e compartir e difundir materiais normalizadores que recollan a información procesada dos proxectos.
Le+
Ligazóns comentadas sobre arte,historia, cultura galega, deporte, lecer na páxina web das Ciberirmandades da Fala.
Sem comentários:
Enviar um comentário