Obxectivos de P17 para o profesorado
Ver a práctica educativa como algo flexible, aberto e en continuo cambio.
Fomentar a cooperación e a creatividade na comunidade educativa.
Abandonar os tradicionais modelos de transmisión do coñecemento por modelos que permitan o desenvolvemento das competencias básicas e dean resposta a principios de aprendizaxe significativa.
Fomentar a reflexión conxunta sobre a posibilidade de repensar enfocar as programacións didácticas e a práctica educativa diaria desde un punto de vista normalizador.
Xerar secuencias e situacións de ensino-aprendizaxe que permitan desenvolver e consolidar a competencia lingüística en galego e fomenten a presenza da nosa cultura.
Crear e compartir materiais e produtos normalizadores e difundilos no centro, no seu contorno e en escenarios virtuais.
Sem comentários:
Enviar um comentário