Que é Proxecto 17?
Un material que presenta unha intervención normalizadora para ser proposta polo ENDL do centro educativo aos departamentos didácticos para cumprir parte das súas funcións
Propoñer á comisión de coordinación pedagóxica, para a súa inclusión no proxecto curricular, o plano específico para potenciar a presenza da realidade galega, cultura, historia, xeografía, economía, etnografía, lingua, literatura, arte, folclore, etc. no ensino.
Propoñer á comisión de coordinación pedagóxica, para a súa inclusión no proxecto curricular, o plano xeral para o uso do idioma, no cal se deberá especificar, cando menos:
a) Medidas para potencia-lo uso da lingua galega nas actividades do centro.
b)Proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e a mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
P17 trata de vertebrar estes cometidos, organizando unha proposta desde presupostos didácticos innovadores que persegue, como finalidade última, a promoción dunha visión actual e útil da lingua galega, que deixe de lado prexuízos, e impulse actitudes favorables cara o galego e cara ao cambio lingüístico dentro da comunidade escolar e o seu contorno, partindo dun traballo interdisciplinar que ten sempre como referente a realidade galega.
Parece un momento oportuno para tentar modificar comportamentos poia no mundo de ensino apuntan cambios que esixen actualizar, revisar e adecuar os procesos de aprendizaxe, metodoloxía, obxectivos, criterios de avaliación....en definitiva, mudanzas respecto do sistema tradicional que, por outro lado, ben sabemos que non conduce a resultados satisfactorios.
Le+
El pasillo de la ESO. Natalia Bernabeu Morón. Proyecto QuadraQuinta.
Sem comentários:
Enviar um comentário